Consello da Cultura Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Kit

Aviso legal

1. Información Xeral

O Consello da Cultura Galega, creado por Lei 8/1983 do 8 de xullo, é un ente estatutario con personalidade xurídica propia ó que compete a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.

O domicilio do Consello da Cultura é o seguinte: Pazo de Raxoi, 2º Andar, 15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España). Tfno: 981957202; Fax: 981957205. O correo electrónico de contacto é correo@consellodacultura.gal. O CIF da entidade, Q6550003E.

O Consello da Cultura Galega é titular dos nomes de dominio culturagalega.gal e consellodacultura.gal.

2. Dereito de propiedade industrial e intelectual

O Consello da Cultura Galega é titular ou ten os dereitos de explotación da propiedade intelectual e industrial e de imaxe sobre os contidos dispoñibles a través do portal culturagalega.gal e a web consellodacultura.gal.

O acceso polos usuarios ós citados dominios non implican baixo ningún concepto renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial de aqueles dereitos por parte do Consello da Cultura Galega nin, no seu caso, outros titulares do contido publicado.

Non está permitido eliminar ou modifica-lo aviso de dereitos de autor ou aínda a titularidade dos contidos das páxinas do Consello da Cultura Galega. Os contidos dos dominios consellodacultura.gal e culturagalega.gal quedan sometidos á licenza copyleft, polo que na súa virtude, o usuario poderá copiar, distribuír ou publica-los contidos a condición de que cite con claridade a súa procedencia das fontes do Consello da Cultura Galega e no seu caso a autoría do arquivo, e non os modifique, quedando ademais obrigado a manter esta mesma licenza e requisitos de identificación do CdCG como fonte de procedencia nas sucesivas publicacións e distribucións. Esta licenza só será aplicada a aqueles contidos localizados en páxinas dos sitios do CdCG nas que figure expresamente indicada unha autorización ao respecto. No resto dos contidos, salvo autorización expresa e escrita do CdCG, non se permite modificar, copiar, reempregar, explotar, reproducir, comunicar publicamente, ou distribuír de calquera forma a totalidade ou parte dos contidos incluídos nos devanditos dominios para propósitos públicos o comerciais.

3. Réxime de prestación dos servizos e responsabilidade

Consonte ás labores atribuídas ó Consello da Cultura respecto da defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, o acceso ó portal e á páxina web do Consello da Cultura é libre e gratuíto, sen que tal carácter exclúa a posibilidade de que se exerciten ou publiciten accións baixo custe ou prezo.

O Consello da Cultura non se fai responsable das distintas opinións dos seus colaboradores nin dos terceiros e particulares que participen nas distintas seccións da web do Consello e o portal culturagalega.gal.

O Consello da Cultura non pode garanti-la fiabilidade, veracidade, corrección e utilidade dos servizos e informacións que presta na rede, nin garante a súa continuidade.

Os usuarios da web e portal do CdCG comprométense ó emprego adecuado dos contidos, servizos e información que se ofrecen nas citadas páxinas, e a non darlle uso para incorreren en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e ó orde público; nin difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; nin provocar danos nos sistemas informáticos do Consello da Cultura Galega ou de terceiras persoas ou suplanta-la súa personalidade ou rexistro. Así mesmo, queda prohibido o uso de calquera clase de información obtida a través da web e do portal do Consello da Cultura Galega para remitir ós usuarios ou terceiros comunicacións comerciais non solicitadas, así como a comercialización ou difusión de datos persoais nun sentido amplo - incluíndo os enderezos electrónicos - que poidan obterse nos precitados dominios. O Consello da Cultura non se responsabiliza dos danos ou molestias que calquera persoa cause infrinxindo estas normas e condicións de uso.

O establecemento de enlaces polo Consello da Cultura a sitios web alleos non implican responsabilidade de ningún tipo respecto do contido daqueles sitios.

O establecemento de enlaces por terceiros con destino ós dominios culturagalega.gal e consellodacultura.gal débese efectuar como enlace absoluto, sen que sexa aceptable a inclusión como parte na web do terceiro mediante marcos, ferramentas de buscador ou calquera outras que menoscaben a integridade da información ou servizo ofrecido polo Consello da Cultura. O CdCG desautoriza expresamente, declinando toda responsabilidade que poida xerar tales actuacións, o establecemento de enlaces a páxinas dos seus dominios dende aquelas webs de terceiros nas que se desenvolvan actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e ó orde público, ou nas que se difundan contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; ou as susceptibles de provocar danos nos sistemas informáticos.

4. Privacidade dos datos de carácter persoal

O Consello da Cultura Galega acada datos e información persoal ou colectiva respecto dos usuarios da súa páxina web institucional e do portal culturagalega.gal de acordo coas seguintes prescricións, que garanten o cumprimento das disposicións legais aplicables e resultan adecuados, pertinentes e non excesivos respecto do seu ámbito e as finalidades determinadas e explícitas para as que se obteñen.

4.1. Transmisión pasiva de información: a simple navegación polos dominios de titularidade do Consello da Cultura Galega proporcionan a dita institución información maiormente estatística e absolutamente anónima, que non se refire a ningún usuario concreto nin identificable. A concreta información que se recada deste xeito é o nome do ISP (provedor do servizo de internet do usuario), a data e hora do acceso ó dominio do CdCG e duración da conexión, a cantidade de usuarios que acceden á web e ó portal e as distintas seccións dos mesmos, e os logs de dirección electrónica dende a que procede o usuario que accede no caso de que sexa un enlace dende outra web.

O Consello da Cultura Galega non emprega polo de agora, sen que isto signifique a súa renuncia a facelo nun futuro se o estima necesario, dispositivos de almacenamento e recuperación de datos en equipos terminais (cookies).

4.2. Transmisión activa da información por parte dos usuarios: determinados actos de participación dos usuarios nos contidos de culturagalega.gal e consellodacultura.gal implican a necesidade de cesión ó CdCG de determinados datos persoais, que se concreta mediante a utilización de formularios. Os datos recollidos empregaranse polo Consello da Cultura Galega de acordo coa finalidade concreta con que se recollen e se menciona no propio formulario, ademais do seu tratamento con fins estatísticos. O carácter facultativo ou obrigatorio das respostas indícase cun asterisco, e as consecuencias da negativa a facilita-los datos obrigatorios circunscríbese á imposibilidade, no seu caso, de accederen ó servizo solicitado.

Os usuarios aceptan que os datos persoais aportados ó CdCG no momento do seu rexistro, o calquera outro facilitado para o seu acceso a servizos dos dominios culturagalega.gal e consellodacultura.gal, como son a inscrición en boletíns de novidades, solicitude de consultas e suxestións, acceso a arquivos, listas de distribución, foros e calquera outros de similar natureza sexan incorporados a ficheiros titularidade do Consello da Cultura, coa finalidade de facilita-la prestación dos servizos solicitados, a correcta identificación dos usuarios que os solicitan cando é necesario, para fins estatísticos, para la xestión de tarefas de administración, e para manterlle informado, ben por correo electrónico ben por calquera outro medio, de novidades e servizos nos citados dominios ou en aqueles que o Consello da Cultura estime que pode resultar do interese do usuario. Os ficheiros de datos do Consello da Cultura Galega respectan as medidas de seguridade previstas nos artigos 8 ó 14 do Real Decreto 994/1999, do 11 de xuño.

As empresas e profesionais que remiten os seus datos e producións para seren incluídos no portal culturagalega.gal, atendendo ós fins de promoción, difusión e publicación dos produtos da industria cultural galega, quedan excluídas desta cláusula de privacidade. O Consello da Cultura Galega non se responsabiliza da utilización que os subscritores e terceiros poidan facer respecto das producións que se inclúan no soportal.

En calquera momento, os usuarios poden exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante solicitude ó efecto, que deberá dirixirse á Xerencia do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2º Andar 15705 Santiago de Compostela, ou ben ós enderezos electrónicos director@culturagalega.gal e correo@consellodacultura.gal.

5. Vixencia da nota legal

O Consello da Cultura resérvase o dereito de modificar, dentro das marxes legais, as condicións anteriormente referidas, sen que tal modificación afecte ás condicións en que os usuarios cederon os seus datos persoais, que non se modificarán sen o seu consentimento.

Así mesmo, o Consello da Cultura resérvase o dereito a finalizar ou interromper o acceso á web e ó portal e a prestación dos servizos que leva a cabo vía internet, sen que iso poida dar lugar a dereito a indemnización algunha ós usuarios e terceiros.