A web
O logotipo, o deseño e a programación da web son obra da Navalla suíza. O código está realizado cos frameworks de php e CSS phpCan e cSans, respectivamente, e liberado con licenza GNU Affero 3. En canto se acade unha versión estable do código desta web, liberarase cunha licenza libre.
Esta web é un produto desenvolvido pola Navalla suíza e foi publicada o 15 de outubro de 2013.
Tecnoloxía
No proceso de creación da web só se empregou software libre.
- O servidor corre baixo Ubuntu 10.10 (Maverick Meerkat).
- As páxinas son servidas por un Apache 2.2.16.
- O sitio está construído co framework de PHP5 phpCan, e co framework de CSS cSans xunto co preprocesador styleCow. Estas ferramentas foron desenvolvidas pola Navalla suíza.
Deseño
O logotipo desta versión do Kit para a normalización en rede é unha creación da Navalla suíza. A tipografía utilizada nel é a Museo. A tipografía empregada na web é a Helvetica Neue, un tipo de letra sans serif deseñada por Max Miedinger.
As cores empregadas son os violetas #845F89 e #573F5A, os azuis #4c98ba e #336B84, os encarnados #B01E5A e #831643, ademais dos verdes #157278 e #0E4A4E.