Consello da Cultura Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Kit

Sobre o proxecto

Sobre o Kit

Kit para a normalización en rede é un recurso pensado para facilitar o traballo das persoas que están a participar na normalización lingüística do galego, especialmente daquelas que realizan o seu labor desde os concellos de Galicia. Con todo, pareceunos interesante desenvolver dous niveis de aproveitamento, básico e avanzado: o primeiro, pensado para persoal de áreas non específicas da administración; o segundo, orientado aos/as profesionais dos SNL e SL.

Podes facer unha navegación libre, a través do seu buscador, ou seguir a estrutura que propoñemos, baseándonos nos procesos habituais de planificación do traballo sociolingüístico:

Antes de intervir ofrece fontes bibliográficas, documentais e lexislación de interese para contextualizar as iniciativas antes de comezalas.

Boas prácticas selecciona e describe campañas como exemplo das características que debes ter en conta á hora de deseñar unha acción normalizadora.

Traballa en rede proporciona, a través dun directorio actualizado, o contacto con outras entidades coas que podes establecer redes de colaboración.

Formación continua completa a oferta de fontes documentais a través da selección de webs, materiais didácticos ou aplicacións.

 

Sobre o equipo técnico

Este produto foi deseñado e elaborado por David Cobas Medín, Rosario Pérez Magdalena e Susana Mayo Redondo. O desenvolvemento técnico correu a cargo de A Navalla Suíza.