Consello da Cultura Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Kit

Datos demográficos e sociolingüísticos

Cada localidade ten as súas especificidades polo que, antes de planificar a acción concreta que queremos implementar, é importante coñecer a súa realidade demográfica, sociolingüística e socioeconómica. A continuación presentámosche algunhas fontes de información esenciais.

Estudos

Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia

Álvarez, R. [coord.]. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2017.

Estudo, elaborado polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega, no que se fai unha aproximación aos usos e actitudes da mocidade en Galicia.

Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013

Estudo, elaborado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, sobre a evolución sociolingüística de Galicia no período 1992-2013, prestando especial atención a aqueles aspectos relacionados coa obtención e a transmisión das competencias lingüísticas.

Monteagudo, H. e X. Loredo [ed.]. A Coruña, Real Academia Galega, 2016.

A(s) lingua(s) a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega

Informe elaborado polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega no que, a partir dos datos obtidos nunha enquisa, se describen e analizan as actitudes lingüísticas dos galegos/as.

Observatorio da Cultura Galega. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2011.

O galego segundo a mocidade

Estudo elaborado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega sobre as actitudes e discursos sociais dos mozos/as en relación ao idioma galego, baseado en técnicas cualitativas e experimentais.
Real Academia Galega [ed.]. A Coruña, RAG, 2003.

Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia

Primeiro volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, elaborado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, no que se ofrecen os datos sobre lingua inicial e competencia lingüística en Galicia obtidos a partir dunha mostra de 9 714 enquisas.
Real Academia Galega [ed.]. Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, vol. I.. A Coruña, RAG, 2007.

Usos lingüísticos en Galicia

Segundo volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, elaborado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, no que se ofrecen os datos sobre usos lingüísticos en Galicia obtidos a partir dunha mostra de 9 714 enquisas.
Real Academia Galega [ed.]. Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, vol.II.. A Coruña, RAG, 2009.

Actitudes lingüísticas en Galicia

Terceiro volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, elaborado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, no que se ofrecen os datos sobre actitudes lingüísticas en Galicia obtidos a partir dunha mostra de 9 714 enquisas.

Real Academia Galega [ed.]. Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, vol. III.. A Coruña, RAG, 2011.

Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados. 1992-2016

Visión panorámica, desde unha perspectiva demolingüística, da situación social da lingua galega no período 1992-2016 para identificar as tendencias que marcan a súa evolución.

Real Academia Galega. A Coruña, Real Academia Galega, 2018.

Fontes

Censo de poboación e vivendas 2011. Galego

Datos estatísticos, desagregados ata o nivel municipal, sobre uso e coñecemento do galego, extraídos do censo de poboación e vivendas de 2011.

Enquisa estrutural a fogares 2018. Coñecemento e uso do galego

Datos estatísticos sobre coñecemento e uso do galego extraídos da Enquisa estrutural a fogares dos anos 2003, 2008, 2013 e 2018, elaboradas polo Instituto Galego de Estatística.

Entidades locais de Galicia

Datos de contacto básicos das entidades locais de Galicia (municipios, mancomunidades, áreas metropolitanas, deputacións e outras entidades menores) fornecidos pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

Información municipal e comarcal

Información municipal e comarcal, fornecida pola IGE, con datos estatísticos sobre diferentes temas: territorio, recursos naturais e medio; poboación e condicións sociais; estrutura produtiva; e sociedade da información, ciencia e tecnoloxía.

Mapa de equipamentos culturais galegos

Representación gráfica dos equipamentos e infraestruturas culturais no territorio galego elaborada polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega.

Datos demográficos e sociolingüísticos

Para  delimitar con acerto os obxectivos da acción e os ámbitos que requiren unha actuación prioritaria, así como os axentes sociais que sería conveniente involucrar, ofrecémosche aquí unha selección máis ampla de recursos.

Estudos

Atlas socioeconómico de Galicia

Publicación editada por Caixanova que presenta as variables e os indicadores económicos, demográficos, sociais e comerciais de Galicia, tanto no que respecta ao ámbito municipal como ao comarcal e provincial.
Caixanova. Vigo, Caixanova, 2009.

Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia

Álvarez, R. [coord.]. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2017.

Estudo, elaborado polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega, no que se fai unha aproximación aos usos e actitudes da mocidade en Galicia.

A situación da lingua galega no Concello de Santiago de Compostela

Estudo que ofrece unha diagnose da situación da lingua galega no Concello de Santiago no ano 2001. Malia que algún datos (nomeadamente os referidos a usos lingüísticos) perderon vixencia tras unha década da súa publicación, consideramos que, no seu conxunto, o estudo continúa a ter interese.
Cidadanía-Rede de Aplicacións Sociais. Santiago de Compostela, Concello, Xunta de Galicia, 2001.

Lingua e idade

Volume que recolle os textos expostos nas III Xornadas Lingua e usos, organizadas en 2006 polo SNL da Universidade da Coruña, que tiveron como tema central a idade e a súa relación coa lingua.
Méndez, I. e Sánchez, A.. A Coruña, Universidade, 2007.

Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013

Estudo, elaborado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, sobre a evolución sociolingüística de Galicia no período 1992-2013, prestando especial atención a aqueles aspectos relacionados coa obtención e a transmisión das competencias lingüísticas.

Monteagudo, H. e X. Loredo [ed.]. A Coruña, Real Academia Galega, 2016.

O idioma galego na sociedade. A evolución sociolingüística 1992-2008

Informe elaborado polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega que achega unha radiografía da evolución sociolingüística de Galicia a partir do estudo comparativo de diferentes enquisas e estudos sociodemográficos.

Observatorio da Cultura Galega. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2011.

A(s) lingua(s) a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega

Informe elaborado polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega no que, a partir dos datos obtidos nunha enquisa, se describen e analizan as actitudes lingüísticas dos galegos/as.

Observatorio da Cultura Galega. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2011.

Como elaborar a análise DAFO

Documento didáctico editado por BIC Galicia e enfocado á xestión empresarial, pero aplicable tamén á planificación lingüística. A análise DAFO permite clasificar os datos demográficos, sociolingüísticos e socioeconómicos obtidos,  para  obter unha previsión a curto e medio prazo da realidade  e poder planificar estratexias de actuación.

Promove Consultoría e Formación, SLNE. Santiago de Compostela, CEEI Galicia (BIC Galicia), 2012.

O galego segundo a mocidade

Estudo elaborado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega sobre as actitudes e discursos sociais dos mozos/as en relación ao idioma galego, baseado en técnicas cualitativas e experimentais.
Real Academia Galega [ed.]. A Coruña, RAG, 2003.

Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia

Primeiro volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, elaborado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, no que se ofrecen os datos sobre lingua inicial e competencia lingüística en Galicia obtidos a partir dunha mostra de 9 714 enquisas.
Real Academia Galega [ed.]. Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, vol. I.. A Coruña, RAG, 2007.

Usos lingüísticos en Galicia

Segundo volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, elaborado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, no que se ofrecen os datos sobre usos lingüísticos en Galicia obtidos a partir dunha mostra de 9 714 enquisas.
Real Academia Galega [ed.]. Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, vol.II.. A Coruña, RAG, 2009.

Actitudes lingüísticas en Galicia

Terceiro volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, elaborado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, no que se ofrecen os datos sobre actitudes lingüísticas en Galicia obtidos a partir dunha mostra de 9 714 enquisas.

Real Academia Galega [ed.]. Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, vol. III.. A Coruña, RAG, 2011.

A lingua galega na cidade no século XX

Aproximación á situación social do idioma galego no medio urbano ao longo do século XX. O estudo ofrece datos sobre coñecemento, lingua inicial, lingua habitual, usos na familia, usos escolares e usos laborais das cidades galegas.
Rei-Doval, G.. Vigo, Xerais, 2007.

Lingua e cidade

Volume que recolle os textos expostos nas III Xornadas Lingua e usos, organizadas en 2004 polo SNL da Universidade da Coruña, que tiveron como tema central os usos lingüísticos no ámbito urbano.
Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña [ed.]. A Coruña, Universidade, 2005.

Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados. 1992-2016

Visión panorámica, desde unha perspectiva demolingüística, da situación social da lingua galega no período 1992-2016 para identificar as tendencias que marcan a súa evolución.

Real Academia Galega. A Coruña, Real Academia Galega, 2018.

A situación da lingua galega no Concello de Vigo

Estudo que ofrece unha diagnose da situación da lingua galega no Concello de Vigo no ano 2002. Malia que algún datos (nomeadamente os referidos a usos lingüísticos) perderon vixencia tras unha década da súa publicación, consideramos que, no seu conxunto, o estudo continúa a ter interese.
Vaamonde Liste, A. [coord.]. Vigo, Concello, Universidade, 2003.

Fontes

Censo de poboación e vivendas 2011. Galego

Datos estatísticos, desagregados ata o nivel municipal, sobre uso e coñecemento do galego, extraídos do censo de poboación e vivendas de 2011.

Enquisa estrutural a fogares 2018. Coñecemento e uso do galego

Datos estatísticos sobre coñecemento e uso do galego extraídos da Enquisa estrutural a fogares dos anos 2003, 2008, 2013 e 2018, elaboradas polo Instituto Galego de Estatística.

Entidades locais de Galicia

Datos de contacto básicos das entidades locais de Galicia (municipios, mancomunidades, áreas metropolitanas, deputacións e outras entidades menores) fornecidos pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

Información municipal e comarcal

Información municipal e comarcal, fornecida polo IGE, con datos estatísticos sobre diferentes temas: territorio, recursos naturais e medio; poboación e condicións sociais; estrutura produtiva; e sociedade da información, ciencia e tecnoloxía.

Mapa de equipamentos culturais galegos

Representación gráfica dos equipamentos e infraestruturas culturais no territorio galego elaborada polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega.

Observatorio da Cultura Galega

Área do Concello da Cultura Galega que traballa na elaboración de informes e na compilación e sistematización de estatísticas culturais de interese para Galicia.