Consello da Cultura Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Kit

Decálogo de boas prácticas

Este decálogo foi elaborado a partir do documento Boas prácticas en multilingüismo, de Linguamón-Casa de les Llengües. Coa orientación dos seus criterios, ofrecémosche unha campaña para exemplificar cada unha das características importantes á hora de concibir unha acción dinamizadora.  

1 Impacto mediático e social

Consideramos unha boa práctica aquela iniciativa que, tras unha correcta planificación e execución, consegue acadar impacto mediático e social.

Este impacto, cando é visualizado polo destinatario como un cambio positivo, logra un efecto multiplicador e exemplificador.

Móllate polo galego

Móllate polo galego

Entidade: Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, en colaboración coa plataforma Vitaminas para o galego.

Ano: 2012.

Descrición: campaña de sensibilización da mocidade cara ao idioma galego. A principal acción consistiu no concurso fotográfico Móllate polo galego.

Destaca por: impacto mediático; colaboración con entidades supramunicipais; intervención en ámbito social prioritario; proposta innovadora, carácter lúdico.

Ligazóns relacionadas: álbum de fotos da campaña.

2 Eficiencia e viabilidade

É importante planificar a acción tendo en conta os recursos económicos e humanos dos que dispomos para executala. A mellor práctica non é a que marca como meta os obxectivos máis ambiciosos, senón aquela que consegue delimitar cales son os obxectivos reais que é posible acadar nun contexto concreto e cuns medios determinados.

Saborea o galego

Saborea o galego

Entidade: Departamento de Lingua do Concello de Santiago de Compostela.

Ano: 2009.

Descrición: campaña de dinamización lingüística dirixida ao cadro de persoal do Concello de Santiago. As principais accións consistiron na difusión de material promocional e na creación dun sitio web con recursos destinados a mellorar a competencia lingüística do persoal ao servizo da Administración.

Destaca por: eficiencia e viabilidade; facilmente exportable; carácter didáctico; aproveitamento de recursos tecnolóxicos.

Ligazóns relacionadas: sitio web da iniciativa e Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago.

3 Transferencia

Dados os limitados recursos (económicos e humanos) dos que dispomos no ámbito da planificación lingüística, valórase moi positivamente que as iniciativas poidan ser exportables (coas adaptacións oportunas) a outros contextos similares aos iniciais para os que foron deseñadas. Con todo, cómpre non esquecer que non existen modelos universais. Cada acción debe planificarse tendo en conta o contexto lingüístico, social e económico no que vai ser implementada.

Con moito gusto, na túa lingua

Con moito gusto, na túa lingua

Entidade: Concello de Ribadeo e IES Porta de Auga.

Ano: 2007.

Descrición: campaña de dinamización lingüística deseñada para promover o uso do galego no ámbito da hostalaría ribadense, implicando directamente o alumnado nesta tarefa. As principais accións consistiron na elaboración de material multilingüe para o sector hostaleiro (cartas, salvamanteis, carteis…) e no traballo didáctico de concienciación do alumnado sobre a importancia da normalización lingüística deste sector social.

Destaca por: exportable a outros municipios; eficiencia e viabilidade; carácter didáctico; implicación dos destinatarios; colaboración administracións local e educativa.

Ligazóns relacionadas: información sobre a campaña.

4 Participación dos/as destinatarios/as

A acción ten unha maior probabilidade de éxito cando os/as destinatarios/as se senten copartícipes e corresponsables da iniciativa. Valórase especialmente que, a través desta implicación, o/a destinatario/a consiga reforzar a súa autoestima como falante dunha lingua minorizada e tomar consciencia doutras causas sociais xustas (fomento da diversidade cultural, respecto polas minorías, defensa do medio, igualdade de xénero…)

Proxecto Neo

Proxecto Neo

Entidade: Concello de Burela, a través de Radio Burela, e o IES Perdouro.

Ano: 2012-2016.

Descrición: programa de radio desenvolvido polo profesorado e alumnado do IES de Burela. O obxectivo principal da iniciativa, que se enmarca no Modelo Burela de Planificación Lingüística, é darlles visibilidade a persoas neofalantes de galego, nomeadamente aquelas que residen actualmente no municipio.

Destaca por: implicación activa dos/as destinatarios/as; carácter innovador da iniciativa; impacto mediático; intervención en ámbito social prioritario; carácter didáctico; carácter lúdico; colaboración administracións local e educativa.

Ligazóns relacionadas: Proxecto NeoIES Perdouro.

5 Avaliación

Para saber se os medios investidos están a ser eficientes e rendibles, cómpre ter previsto un sistema de avaliación e seguimento da acción, de xeito que tanto os obxectivos como a propia acción poida ser revisada e adaptada. A planificación previa tamén debe ser flexible, de xeito que permita posibles axustes na súa implementación, derivados de imprevistos cos que non contabamos.

Experiencia de implicación de asociacións no Concello de Zas

Experiencia de implicación de asociacións no Concello de Zas

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas.

Ano: 2009-2011.

Descrición: campaña de dinamización lingüística dirixida ás asociacións culturais, deportivas, xuvenís, veciñais, ANPAS, de mulleres e clubs deportivos que teñan a sede social no concello de Zas. A principal acción consistiu na sinatura dun convenio entre o concello e as asociacións, no que estas se comprometen a empregar o galego nas súas comunicacións internas e externas e o Concello se compromete a darlles asesoramento e formación lingüística.

Destaca por: previsión de avaliación; implicación activa dos destinatarios; carácter didáctico; facilmente exportable a outros municipios; aproveitamento de recursos tecnolóxicos.

6 Recoñecemento

O grao de acollida social que consiga acadar unha iniciativa inflúe na visión que os/as potenciais destinatarios/as poidan ter dela, e polo tanto determina o seu efecto multiplicador.

Xa que logo, é importante non descoidar aspectos como as presentacións públicas ou unha correcta difusión mediática (tanto a través dos medios convencionais como das redes sociais).

Correlingua

Correlingua

Entidade: Asociación Socio-Pedagóxica Galega, CIG-Ensino, A Mesa pola normalización Lingüística, e os concellos de Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense.

Ano: 1999-2016.

Descrición: iniciativa lúdico-educativa dirixida ao alumnado dos centros de ensino non universitario deseñada para que o estudantado reivindique  publicamente a normalización do idioma galego.  As  principais accións consisten no desenvolvemento dunha carreira reivindicativa e, con antelación, a organización de diferentes concursos (vídeo, banda deseñada, elaboración de manifesto e cantalingua).

Destaca por: recoñecemento social; implicación activa dos/as destinatarios/as; carácter innovador da iniciativa; impacto mediático; intervención en ámbito social prioritario; carácter lúdico.

Ligazóns relacionadas: sitio web da iniciativa.

7 Innovación

Unha proposta de normalización lingüística ten maior probabilidade de ser aceptada por parte do público destinatario se as accións que se propoñen implican unha innovación (tecnolóxica, social…), e polo tanto achegan unha mellora na súa calidade de vida.

A probabilidade de éxito será moito maior se a cidadanía percibe que o feito de introducir o galego nos seus usos lingüísticos pode contribuír tamén a mellorar outras aspectos da súa vida (laborais, persoais…).

Educación viaria

Educación viaria

Entidade: Concellería de Tráfico e Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Carballiño.

Ano: 2007.

Descrición: edición dunha guía e dun caderno de exercicios sobre educación viaria. A iniciativa está destinada aos centros de educación primaria do municipio, para que o alumnado poida reforzar os seus coñecementos sobre as normas de tráfico e o léxico galego relacionado con este tema.

Destaca por: carácter innovador da iniciativa; carácter didáctico; eficiencia e viabilidade; fomento de outros valores sociais; colaboración con outros departamentos municipais; facilmente exportable a outros municipios.

Ligazóns relacionadas: SNL do Concello do Carballiño.

8 Traballo en rede

Sempre que sexa posible, debemos implicar os axentes sociais (colectivos empresariais, asociacións, centros educativos…) nos que queremos intervir no propio desenvolvemento da acción. A corresponsabilidade do destinatario na consecución dos obxectivos posibilita un compromiso duradeiro, xa que o cambio lingüístico se asume como decisión propia e non como imposición allea.

Por outra parte, o traballo en equipo con outras entidades que comparten os nosos mesmos obxectivos permite rendibilizar recursos e, polo tanto, fai máis eficiente o noso traballo.

Club de debate

Club de debate

Entidade: Servizos de Normalización Lingüística dos concellos de Ames, Carballo, O Carballiño, Ferrol, Pontevedra,  Rois, Santiago de Compostela e Teo.

Ano: 2012-2016.

Descrición: programa de dinamización lingüística dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato, destinado a fomentar a fluidez comunicativa en galego, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade de opinións.

Destaca por: traballo en rede; carácter didáctico; carácter lúdico; fomento de outros valores sociais; impacto mediático; colaboración administración local e educativa.

Ligazóns relacionadas: páxina de Facebook da iniciativa.

9 Intervención en ámbitos sociais prioritarios

Antes de planificar un determinado programa de actividades cómpre decidir cales son aqueles ámbitos sociais nos que é prioritario intervir.

Malia que as características socioeconómicas do municipio poden determinar esta decisión, en termos xerais, os datos sociolingüísticos dos que dispomos indícannos que precisan unha actuación prioritaria os seguintes ámbitos/sectores sociais: infancia, mocidade, ámbito educativo, tecnolóxico e socioeconómico.

Calidade en galego

Calidade en galego

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística e Departamento de Promoción Económica do Concello de Ames.

Ano: 2009-2010.

Descrición: campaña de dinamización lingüística dirixida ao pequeno comercio de Ames que ten como obxectivo fomentar o uso do galego nas súas comunicacións comerciais e asentar unha imaxe de marca común vinculada á calidade. As accións principais consistiron nunha campaña publicitaria, obradoiros de formación e oferta do servizo de asesoramento lingüístico.

Destaca por: intervención en ámbito social prioritario; carácter didáctico; fomento doutros valores sociais; implicación activa do/a destinatario/a; eficiencia e viabilidade; facilmente exportable a outros municipios.

Ligazóns relacionadas: SNL de Concello de Ames.

10 Consecución dun compromiso do/a destinatario/a

Que os cambios lingüísticos que pretendemos acadar sexan duradeiros e non puntuais, depende en grande medida do grao de compromiso dos/as destinatarios/as das  nosas accións. Xa que logo, ademais de traballar para que estes se comprometan coa causa da normalización do galego, consideramos positivo que este compromiso se exprese publicamente. Isto non só garante un compromiso máis reflexionado e consciente, senón que produce un efecto exemplarizante para o resto da cidadanía.

Manda da lingua

Manda da lingua

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL).

Ano: 2011.

Descrición: iniciativa dirixida a toda a cidadanía que consistiu nun acto de sinatura pública de derradeiras vontades no que as persoas participantes asinaron ante notario un texto no que manifestaron o seu compromiso en vida co idioma galego e a súa vontade de que, chegada a hora do seu pasamento, todo o relativo ao funeral e enterro sexa realizado exclusivamente en lingua galega.

Destaca por: compromiso expreso dos/as destinatarios/as; impacto mediático; facilmente exportable a outros municipios; colaboración con outras entidades municipais; traballo en rede; carácter innovador da iniciativa.

Ligazóns relacionadas: información sobre a iniciativaServizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

Decálogo de boas prácticas

Ademais de campañas puntuais, existen grandes proxectos de intervención lingüística; unhas veces son executadas pola administración local e outras consisten en actuacións complexas que involucran varias entidades. Velaquí unha mostra categorizada segundo o noso decálogo de boas prácticas.

1 Impacto mediático e social

Consideramos unha boa práctica aquela iniciativa que, tras unha correcta planificación e execución, consegue acadar impacto mediático e social.

Este impacto, cando é visualizado polo destinatario como un cambio positivo, logra un efecto multiplicador e exemplificador.

En galego, con moito gusto

En galego, con moito gusto

Entidade: Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol.

Ano: 2009-2011.

Descrición: campaña de dinamización lingüística para facer visible o galego na vida cotiá dos mercados municipais de Ferrol. As principais accións desta campaña son: animación, difusión de material promocional e convocatoria do concurso As receitas dos mercados municipais.

Destaca por: impacto social; intervención en ámbito social prioritario; facilmente exportable a outros municipios; implicación dos destinatarios.

Ligazóns relacionadas: Ferrol con lingua e información da iniciativa.

Móllate polo galego

Móllate polo galego

Entidade: Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, en colaboración coa plataforma Vitaminas para o galego.

Ano: 2012.

Descrición: campaña de sensibilización da mocidade cara ao idioma galego. A principal acción consistiu no concurso fotográfico Móllate polo galego.

Destaca por: impacto mediático; colaboración con entidades supramunicipais; intervención en ámbito social prioritario; proposta innovadora, carácter lúdico.

Ligazóns relacionadas: álbum de fotos da campaña.

Premio Manuel Beiras

Premio Manuel Beiras

Entidade: Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
Ano: 2000-2016.

Descrición: iniciativa de dinamización lingüística para promover o uso do galego no eido do comercio compostelán. A principal acción consiste na convocatoria dun premio que ten como finalidade outorgar un recoñecemento público a aqueles empresas que destacan polo seu  compromiso coa normalización lingüística.

Destaca por: impacto social; impacto mediático; intervención en ámbito social prioritario; facilmente exportable a outros municipios; implicación dos/as destinatarios/as.

Ligazóns relacionadas: información sobre a iniciativaDepartamento de Lingua Galega do Concello de Santiago.

Premios a artigos xornalísticos normalizadores

Premios a artigos xornalísticos normalizadores

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo.

Ano: 2005-2016.

Descrición: certame anual que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa.

Destaca por: impacto mediático; colaboración con entidades supramunicipais; intervención en ámbito social prioritario; facilmente exportable a outros municipios; proposta innovadora.

Ligazóns relacionadas: artigo gañador da VIII edición, artigo que recibiu un accésit na VIII ediciónServizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo.

2 Eficiencia e viabilidade

É importante planificar a acción tendo en conta os recursos económicos e humanos dos que dispomos para executala. A mellor práctica non é a que marca como meta os obxectivos máis ambiciosos, senón aquela que consegue delimitar cales son os obxectivos reais que é posible acadar nun contexto concreto e cuns medios determinados.

As miñas palabras favoritas do galego

As miñas palabras favoritas do galego

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Teo.

Ano: 2009.

Descrición: certame dirixido ao público xeral co obxectivo de festexar o Día das Letras Galegas, difundindo o léxico propio do idioma galego. A iniciativa consistía en que as persoas propuxesen a súa palabra favorita do galego e posteriormente o público votase a través do web do concello a gañadora.

Destaca por: eficiencia e viabilidade; facilmente exportable; carácter didáctico; aproveitamento de recursos tecnolóxicos, implicación dos/as destinatarios/as.

Ligazóns relacionadas: información sobre a iniciativa e SNL do Concello de Teo.

Axenda escolar redondelá

Axenda escolar redondelá

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, en colaboración coa  Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de Redondela.

Ano: 2012-2016.

Descrición: edición e difusión dunha axenda escolar, destinada ao alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria e de 1º e 2º da ESO, que inclúe tamén información sobre o patrimonio lingüístico e cultural do Concello de Redondela.

Destaca por: eficiencia e viabilidade; intervención en ámbito social prioritario; facilmente exportable; carácter didáctico; colaboración con outras entidades municipais

Ligazóns relacionadas: información relacionadaSNL do Concello de RedondelaCoordinadora de ENDL de Redondela.

Recursos para a lingua

Recursos para a lingua

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cerceda.

Ano: 2009.

Descrición: iniciativa dirixida ao cadro de persoal do Concello de Cerceda. A acción principal consistiu na difusión dun CD interactivo, elaborado baixo os termos da licenza Creative Commons, con recursos e ligazóns de utilidade para a formación continua do persoal ao servizo da Administración local.

Destaca por: eficiencia e viabilidade; facilmente exportable; carácter didáctico; aproveitamento de recursos tecnolóxicos.

Ligazóns relacionadas: información sobre o proxecto.

Saborea o galego

Saborea o galego

Entidade: Departamento de Lingua do Concello de Santiago de Compostela.

Ano: 2009.

Descrición: campaña de dinamización lingüística dirixida ao cadro de persoal do Concello de Santiago. As principais accións consistiron na difusión de material promocional e na creación dun sitio web con recursos destinados a mellorar a competencia lingüística do persoal ao servizo da Administración.

Destaca por: eficiencia e viabilidade; facilmente exportable; carácter didáctico; aproveitamento de recursos tecnolóxicos.

Ligazóns relacionadas: sitio web da iniciativa e Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago.

3 Transferencia

Dados os limitados recursos (económicos e humanos) dos que dispomos no ámbito da planificación lingüística, valórase moi positivamente que as iniciativas poidan ser exportables (coas adaptacións oportunas) a outros contextos similares aos iniciais para os que foron deseñadas. Con todo, cómpre non esquecer que non existen modelos universais. Cada acción debe planificarse tendo en conta o contexto lingüístico, social e económico no que vai ser implementada.

Carta aos Reis Magos

Carta aos Reis Magos

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rois.

Ano: 2010.

Descrición: iniciativa que  consistiu na elaboración de  dous modelos de carta aos Reis Magos (un para o alumnado de infantil e outro para o de primaria) e mais unha unidade didáctica para que os centros de ensino poidan traballar didacticamente a chegada das súas maxestades reais ao municipio.

Destaca por: exportable a outros municipios; eficiencia e viabilidade; carácter didáctico; carácter lúdico; implicación dos destinatarios.

Ligazóns relacionadas: información sobre a iniciativa.

Concurso de monólogos en galego

Concurso de monólogos en galego

Entidade: Concellería de Educación, Deportes e Xuventude do Concello da Coruña.

Ano: 2011-2012.

Descrición: iniciativa de dinamización lingüística dirixida á comunidade educativa que ten como obxectivo potenciar a creatividade e a expresión oral en lingua galega.

Destaca por: exportable a outros municipios; eficiencia e viabilidade; carácter didáctico; carácter lúdico; implicación dos destinatarios; colaboración administracións local e educativa; intervención en ámbito social prioritario.

Ligazóns relacionadas: web educativa do Concello da Coruña.

Literactúa

Literactúa

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo.

Ano: 2007-2012.

Descrición: programa para o fomento do libro e da lectura en galego dirixido a toda a cidadanía. O programa inclúe accións como a promoción de obras en galego a través de marcapáxinas e sitios web; desenvolvemento de encontros entre os/as autores/as e os/as seus/súas lectores/as ou a organización da feira Praza dos Libros.

Destaca por: exportable a outros municipios; carácter didáctico; carácter lúdico; colaboración con outras entidades municipais e supramunicipais; impacto social.

Ligazóns relacionadas: SNL do Concello de Carballo.

Con moito gusto, na túa lingua

Con moito gusto, na túa lingua

Entidade: Concello de Ribadeo e IES Porta de Auga.

Ano: 2007.

Descrición: campaña de dinamización lingüística deseñada para promover o uso do galego no ámbito da hostalaría ribadense, implicando directamente o alumnado nesta tarefa. As principais accións consistiron na elaboración de material multilingüe para o sector hostaleiro (cartas, salvamanteis, carteis…) e no traballo didáctico de concienciación do alumnado sobre a importancia da normalización lingüística deste sector social.

Destaca por: exportable a outros municipios; eficiencia e viabilidade; carácter didáctico; implicación dos destinatarios; colaboración administracións local e educativa.

Ligazóns relacionadas: información sobre a campaña.

4 Participación dos/as destinatarios/as

A acción ten unha maior probabilidade de éxito cando os/as destinatarios/as se senten copartícipes e corresponsables da iniciativa. Valórase especialmente que, a través desta implicación, o/a destinatario/a consiga reforzar a súa autoestima como falante dunha lingua minorizada e tomar consciencia doutras causas sociais xustas (fomento da diversidade cultural, respecto polas minorías, defensa do medio, igualdade de xénero…)

Detrás da canción

Detrás da canción

Entidade: Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración con diferentes concellos de Galicia.

Ano: 2010-2011.

Descrición: iniciativa, desenvolvida no marco do programa de dinamización lingüística Bocaberta, destinada a mozos e mozas maiores de 12 anos co obxectivo de fomentar a súa creatividade e difundir valores positivos cara a creación musical en galego. As principais accións consistiron na organización de obradoiros musicais, impartidos por Carlos Valcárcel (Projecto Mourente), e nun concerto acústico do grupo de pop galego The Homens.

Destaca por: implicación activa dos/as destinatarios/as; carácter innovador da iniciativa; impacto mediático; intervención en ámbito social prioritario; carácter didáctico; carácter lúdico; aproveitamento de recursos tecnolóxicos.

En galego, tamén noutros mundos

En galego, tamén noutros mundos

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística e Concellaría de Benestar Social do Concello de Vigo

Ano: 2009-2014

Descrición: programa deseñado para promover a integración lingüística e cultural da poboación inmigrante que reside no concello. No marco deste programa desenvolvéronse accións como obradoiros de multiculturalidade, cursos de lingua, xornadas, ciclos de cine ou a elaboración de léxicos multilingües.

Destaca por: implicación activa dos/as destinatarios/as; carácter innovador da iniciativa; carácter didáctico; carácter lúdico; fomento doutros valores sociais; colaboración con outros departamentos municipais; diversificación de accións segundo tipoloxías de destinatarios.

Ligazóns relacionadas: SNL do Concello de Vigo.

Proxecto Neo

Proxecto Neo

Entidade: Concello de Burela, a través de Radio Burela, e o IES Perdouro.

Ano: 2012-2016.

Descrición: programa de radio desenvolvido polo profesorado e alumnado do IES de Burela. O obxectivo principal da iniciativa, que se enmarca no Modelo Burela de Planificación Lingüística, é darlles visibilidade a persoas neofalantes de galego, nomeadamente aquelas que residen actualmente no municipio.

Destaca por: implicación activa dos/as destinatarios/as; carácter innovador da iniciativa; impacto mediático; intervención en ámbito social prioritario; carácter didáctico; carácter lúdico; colaboración administracións local e educativa.

Ligazóns relacionadas: Proxecto NeoIES Perdouro.

Verán máis alá

Verán máis alá

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Fene.

Ano: 2003-2016.

Descrición: campus lingüístico, dirixido á poboación infantil, que ten como obxectivo  facilitar unha alternativa de lecer educativo en galego, ao tempo que se promove a conciliación da vida laboral e familiar.

Destaca por: implicación activa dos/as destinatarios/as; carácter innovador da iniciativa; fomento de outros valores sociais; intervención en ámbito social prioritario; carácter didáctico; carácter lúdico.

Ligazóns relacionadas: SNL do Concello de Fene.

5 Avaliación

Para saber se os medios investidos están a ser eficientes e rendibles, cómpre ter previsto un sistema de avaliación e seguimento da acción, de xeito que tanto os obxectivos como a propia acción poida ser revisada e adaptada. A planificación previa tamén debe ser flexible, de xeito que permita posibles axustes na súa implementación, derivados de imprevistos cos que non contabamos.

Avaliación das actividades das asociacións do Concello de Vigo

Avaliación das actividades das asociacións do Concello de Vigo

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Ano: 2012.

Descrición: actividades formativas dirixidas ao ámbito asociativo do municipio co obxectivo de mellorar a competencia comunicativa da poboación.

Destaca por: previsión de avaliación; carácter didáctico; eficiencia e viabilidade; fomento de outros valores sociais; colaboración con outras entidades municipais.

Ligazóns relacionadas: SNL do Concello de Vigo.

Curso de lingua galega de calidade

Curso de lingua galega de calidade

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón.

Ano: 2012.

Descrición: actividade formativa, incluída no plan de formación de 2012, destinada a mellorar a competencia lingüística e comunicativa da cidadanía.

Destaca por: previsión de avaliación; carácter didáctico; eficiencia e viabilidade; facilmente exportable a outros municipios.

Ligazóns relacionadas: accións de formación lingüística en 2012.

Experiencia de implicación de asociacións no Concello de Zas

Experiencia de implicación de asociacións no Concello de Zas

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas.

Ano: 2009-2011.

Descrición: campaña de dinamización lingüística dirixida ás asociacións culturais, deportivas, xuvenís, veciñais, ANPAS, de mulleres e clubs deportivos que teñan a sede social no concello de Zas. A principal acción consistiu na sinatura dun convenio entre o concello e as asociacións, no que estas se comprometen a empregar o galego nas súas comunicacións internas e externas e o Concello se compromete a darlles asesoramento e formación lingüística.

Destaca por: previsión de avaliación; implicación activa dos destinatarios; carácter didáctico; facilmente exportable a outros municipios; aproveitamento de recursos tecnolóxicos.

6 Recoñecemento

O grao de acollida social que consiga acadar unha iniciativa inflúe na visión que os/as potenciais destinatarios/as poidan ter dela, e polo tanto determina o seu efecto multiplicador.

Xa que logo, é importante non descoidar aspectos como as presentacións públicas ou unha correcta difusión mediática (tanto a través dos medios convencionais como das redes sociais).

Concurso de cartas de Nadal

Concurso de cartas de Nadal

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames.

Ano: 2007-2013.

Descrición: iniciativa lúdica dirixida á poboación infantil para fomentar a creatividade dos máis pequenos/as da casa e promover o uso do galego nas actividades do lecer. A acción principal consiste na convocatoria dun concurso de cartas de Nadal.

Destaca por: recoñecemento social; implicación activa dos/as destinatarios/as; intervención en ámbito social prioritario; carácter lúdico; eficiencia e viabilidade; facilmente exportable a outros municipios.

Ligazóns relacionadas: información sobre o SNL do Concello de Ames.

Correlingua

Correlingua

Entidade: Asociación Socio-Pedagóxica Galega, CIG-Ensino, A Mesa pola normalización Lingüística, e os concellos de Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense.

Ano: 1999-2016.

Descrición: iniciativa lúdico-educativa dirixida ao alumnado dos centros de ensino non universitario deseñada para que o estudantado reivindique  publicamente a normalización do idioma galego.  As  principais accións consisten no desenvolvemento dunha carreira reivindicativa e, con antelación, a organización de diferentes concursos (vídeo, banda deseñada, elaboración de manifesto e cantalingua).

Destaca por: recoñecemento social; implicación activa dos/as destinatarios/as; carácter innovador da iniciativa; impacto mediático; intervención en ámbito social prioritario; carácter lúdico.

Ligazóns relacionadas: sitio web da iniciativa.

Modelo Burela de planificación lingüística

Modelo Burela de planificación lingüística

Entidade: Concello de Burela e IES Perdouro.

Ano: 2005-2016.

Descrición: Proposta de planificación lingüística, deseñada para implementar no Concello de Burela, que propón un modelo de uso aditivo das linguas destinado a conseguir unha sociedade trilingüe que use os tres códigos (galego-castelán-inglés) en distribución complementaria.

Destaca por: recoñecemento social; impacto mediático; carácter didáctico; colaboración administracións local e educativa; implicación activa dos/as destinatarios/as; carácter innovador da iniciativa; fomento de outros valores sociais.

Ligazóns relacionadas: páxina de Facebook da iniciativa, reportaxes do Modelo BurelaProxecto NeoIES Perdouro.

Semana do libro, a festa das palabras

Semana do libro, a festa das palabras

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, Axencia de Lectura de Chapela e Biblioteca de Redondela.

Ano: 2009-2015.

Descrición: campaña de animación a lectura e promoción do plurilingüismo destinada a toda a cidadanía. Inclúe accións como unha exposición multilingüe de libros e diferentes presentación públicas de obras galegas.

Destaca por: recoñecemento social; impacto mediático; carácter didáctico; colaboración con outros departamentos municipais.

Ligazóns relacionadas: blog do SNL do Concello de Redondela.

7 Innovación

Unha proposta de normalización lingüística ten maior probabilidade de ser aceptada por parte do público destinatario se as accións que se propoñen implican unha innovación (tecnolóxica, social…), e polo tanto achegan unha mellora na súa calidade de vida.

A probabilidade de éxito será moito maior se a cidadanía percibe que o feito de introducir o galego nos seus usos lingüísticos pode contribuír tamén a mellorar outras aspectos da súa vida (laborais, persoais…).

A Coruña Son

A Coruña Son

Entidade: concellarías de Cultura e de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

Ano: 2008-2010.

Descrición: certame dirixido a novos/as autores/as de canción popular  co ánimo de promover  o seu traballo e fomentar o uso do galego no eido da música. As principais acción consistiron na organización dun concurso musical, no desenvolvemento dun obradoiro con músicos galegos e na gravación de discos colectivos.

Destaca por: carácter innovador da iniciativa; impacto mediático; implicación activa dos/as destinatarios/as; carácter didáctico; carácter lúdico.

Ligazóns relacionadas:  vídeo da presentación pública aos medios

Educación viaria

Educación viaria

Entidade: Concellería de Tráfico e Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Carballiño.

Ano: 2007.

Descrición: edición dunha guía e dun caderno de exercicios sobre educación viaria. A iniciativa está destinada aos centros de educación primaria do municipio, para que o alumnado poida reforzar os seus coñecementos sobre as normas de tráfico e o léxico galego relacionado con este tema.

Destaca por: carácter innovador da iniciativa; carácter didáctico; eficiencia e viabilidade; fomento de outros valores sociais; colaboración con outros departamentos municipais; facilmente exportable a outros municipios.

Ligazóns relacionadas: SNL do Concello do Carballiño.

Obradoiro de lingua e cultura galegas para inmigrantes e emigrantes retornados/as

Obradoiro de lingua e cultura galegas para inmigrantes e emigrantes retornados/as

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

Ano: 2010.

Descrición: actividade de formación lingüística dirixida aos inmigrantes e emigrantes retornados/as do municipio, co obxectivo de contribuír á súa integración sociocultural e lingüística.

Destaca por: carácter innovador da iniciativa; carácter didáctico; fomento de outros valores sociais; eficiencia e viabilidade; facilmente exportable a outros municipios.

Viaxe ás Covas do Folón

Viaxe ás Covas do Folón

Entidade: Faro de Vigo e Tenencia de Alcaldía, Concellaría de Xuventude e Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Ano: 2010-2011.

Descrición: videoxogo dirixido ao alumnado dos últimos cursos de Primaria e primeiros da ESO para que coñezan a historia e o patrimonio cultural e lingüístico da cidade.

Destaca por: carácter innovador da iniciativa; impacto mediático; intervención en ámbito social prioritario; implicación activa dos/as destinatarios/as; carácter didáctico; carácter lúdico; aproveitamento de recursos tecnolóxicos.

Ligazóns relacionadas: sitio web da iniciativa e SNL do Concello de Vigo.

8 Traballo en rede

Sempre que sexa posible, debemos implicar os axentes sociais (colectivos empresariais, asociacións, centros educativos…) nos que queremos intervir no propio desenvolvemento da acción. A corresponsabilidade do destinatario na consecución dos obxectivos posibilita un compromiso duradeiro, xa que o cambio lingüístico se asume como decisión propia e non como imposición allea.

Por outra parte, o traballo en equipo con outras entidades que comparten os nosos mesmos obxectivos permite rendibilizar recursos e, polo tanto, fai máis eficiente o noso traballo.

Club de debate

Club de debate

Entidade: Servizos de Normalización Lingüística dos concellos de Ames, Carballo, O Carballiño, Ferrol, Pontevedra,  Rois, Santiago de Compostela e Teo.

Ano: 2012-2016.

Descrición: programa de dinamización lingüística dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato, destinado a fomentar a fluidez comunicativa en galego, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade de opinións.

Destaca por: traballo en rede; carácter didáctico; carácter lúdico; fomento de outros valores sociais; impacto mediático; colaboración administración local e educativa.

Ligazóns relacionadas: páxina de Facebook da iniciativa.

FalaRedes

FalaRedes

Entidade: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e varios concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística.

Ano: 2012-2016.

Descrición: programa de dinamización lingüística dirixido a diferentes tipos de público (infantil, xuvenil e xeral) deseñado para fomentar o uso do lingua nas actividades do lecer.

Destaca por: traballo en rede; carácter didáctico; carácter lúdico, impacto mediático;  diversificación de accións segundo tipoloxías de destinatarios/as; implicación activa dos/as destinatarios/as.

Ligazóns relacionadas:  FalaRedes 2014 , FalaRedes 2015perfil en Facebook do programa,

Meu: coñecéndonos, descubríndonos

Meu: coñecéndonos, descubríndonos

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística, Tenencia de Alcaldía e áreas de Patrimonio Histórico, Xuventude, Cultura, Cartografía e Verbum do Concello de Vigo, en colaboración coa Área de Normalización de Lingüística da Universidade de Vigo, as comunidades de montes veciñais e os equipos de dinamización lingüística dos centros de ensino.

Ano: 2010-2014.

Descrición: programa de dinamización lingüística deseñado para difundir e poñer en valor o patrimonio histórico, paisaxístico, cultural e lingüístico do Concello de Vigo. No marco deste programa desenvolvéronse accións como campamentos de verán, roteiros pola cidade, xogos didácticos ou un programa de televisión sobre toponimia.

Destaca por: intervención en ámbito social prioritario; carácter didáctico; carácter lúdico; impacto mediático; fomento doutros valores sociais; diversificación de accións segundo tipoloxías de destinatarios.

Ligazóns relacionadas: SNL do Concello de VigoToponimia de Vigo e Viaxe ás Covas do Folón.

Un verán de lecer

Un verán de lecer

Entidade: Servizos de normalización lingüística dos Concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, en colaboración cos equipos de dinamización lingüística dos centros de ensino destes concellos e mais a Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

Ano: 2011.

Descrición: selección de produtos literarios, musicais e audiovisuais en lingua galega, clasificados por idades, que ten como obxectivo difundir a oferta de produtos culturais existentes en galego entre os potenciais consumidores.

Destaca por: traballo en rede; impacto mediático; colaboración administracións local e educativa; eficiencia e viabilidade; facilmente exportable a outros municipios.

9 Intervención en ámbitos sociais prioritarios

Antes de planificar un determinado programa de actividades cómpre decidir cales son aqueles ámbitos sociais nos que é prioritario intervir.

Malia que as características socioeconómicas do municipio poden determinar esta decisión, en termos xerais, os datos sociolingüísticos dos que dispomos indícannos que precisan unha actuación prioritaria os seguintes ámbitos/sectores sociais: infancia, mocidade, ámbito educativo, tecnolóxico e socioeconómico.

Calidade en galego

Calidade en galego

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística e Departamento de Promoción Económica do Concello de Ames.

Ano: 2009-2010.

Descrición: campaña de dinamización lingüística dirixida ao pequeno comercio de Ames que ten como obxectivo fomentar o uso do galego nas súas comunicacións comerciais e asentar unha imaxe de marca común vinculada á calidade. As accións principais consistiron nunha campaña publicitaria, obradoiros de formación e oferta do servizo de asesoramento lingüístico.

Destaca por: intervención en ámbito social prioritario; carácter didáctico; fomento doutros valores sociais; implicación activa do/a destinatario/a; eficiencia e viabilidade; facilmente exportable a outros municipios.

Ligazóns relacionadas: SNL de Concello de Ames.

Ciberlingua

Ciberlingua

Entidade: CIG-Ensino, AS-PG, Galego21.org, Caixa Galicia-Obra Social e os concellos de Ferrol, Lugo, Santiago, Pontevedra, Vigo, Oleiros, Ames, Betanzos, Moaña, Ribadeo, Cambre e Carballo.

Ano: 2001-2004.

Descrición: programa dirixido á comunidade escolar que ten como obxectivo formar e informar sobre as potencialidades didácticas das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). As principais accións consistiron no desenvolvemento de obradoiros formativos e na difusión de materiais formativos e informativos en galego.

Destaca por: intervención en ámbito social prioritario; traballo en rede; carácter didáctico; implicación activa dos/as destinatarios/as; carácter innovador da iniciativa; impacto mediático; aproveitamento de recursos tecnolóxicos.

Concurso de escaparates

Concurso de escaparates

Entidade: Asociación de Empresarios e Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.

Ano: 2011-2012.

Descrición: iniciativa desenvolvida no marco da campaña de galeguización do comercio “O noso vende”. A principal acción consiste na organización dun concurso dirixido ao comercio redondelán que ten como obxectivo difundir os produtos típicos do Nadal a través do uso do galego e promover os propios comercios a través da decoración dos escaparates.

Destaca por: carácter innovador da iniciativa; recoñecemento social; impacto mediático; intervención en ámbito social prioritario; eficiencia e viabilidade; facilmente exportable a outros municipios.

Ligazóns relacionadas: SNL do Concello de Redondela.

O galego medra contigo

O galego medra contigo

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

Ano: 2008-2011.

Descrición: programa de dinamización lingüística dirixido ás familias que ten como obxectivo festexar o Mes das Letras e fomentar a importancia da transmisión interxeracional da lingua galega. Inclué actividades como obradoiros lúdicos, espectáculos musicais ou contacontos.

Destaca por: intervención en ámbito social prioritario; carácter didáctico; carácter lúdico; implicación activa do/a destinatario/a; eficiencia e viabilidade; facilmente exportable a outros municipios.

10 Consecución dun compromiso do/a destinatario/a

Que os cambios lingüísticos que pretendemos acadar sexan duradeiros e non puntuais, depende en grande medida do grao de compromiso dos/as destinatarios/as das  nosas accións. Xa que logo, ademais de traballar para que estes se comprometan coa causa da normalización do galego, consideramos positivo que este compromiso se exprese publicamente. Isto non só garante un compromiso máis reflexionado e consciente, senón que produce un efecto exemplarizante para o resto da cidadanía.

Declaración de Mondariz Balneario

Declaración de Mondariz Balneario

Entidade: Irmandade Xurídica Galega, Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e os concellos de Cambados, Cuntis, Dozón, Meis, Moaña, Mos, Redondela, Silleda e Mondariz-Balneario.

Ano: 2009.

Descrición: iniciativa organizada co gallo da conmemoración do 50 cabodano do pasamento de Ramón Cabanillas. A principal acción consistiu na sinatura pública dunha declaración onde oito concellos galegos se comprometen a seguir impulsando o galego como lingua propia da Administración local, ao tempo que reivindican o importante papel que as corporacións locais deben xogar no proceso de normalización lingüística en Galicia.

Destaca por: compromiso expreso dos/as destinatarios/as; impacto mediático; facilmente exportable a outros municipios; traballo en rede.

Ligazóns relacionadas: información sobre a iniciativaweb de Galeguizar Galicia.

Ferrol co deporte, Ferrol co galego

Ferrol co deporte, Ferrol co galego

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol e Grupo de Participación do Deporte.

Ano: 2009-2010.

Descrición: iniciativa deseñada para revitalizar o uso do galego no ámbito do deporte. A principal acción consistiu na difusión e sinatura dun manifesto, elaborado no seo do Grupo de Partición do Deporte, no que varias entidades deportivas ferrolás declaran o seu compromiso co uso do galego e coa recuperación do seu prestixio social.

Destaca por: compromiso expreso dos/as destinatarios/as; impacto mediático; facilmente exportable a outros municipios; intervención en ámbito social prioritario.

Ligazóns relacionadas: Ferrol con lingua.

Proba en galego

Proba en galego

Entidade: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

Ano: 2009-2014.

Descrición: campaña de  promoción do uso do galego na pequena empresa e no comercio local pontevedrés. Desenvolvéronse accións como difusión de material promocional, organización de obradoiros lingüísticos e charlas sobre experiencias reais, ou a sinatura por parte das pequenas empresas do municipio dun decálogo de compromisos para usar o galego nas súas relacións comerciais.

Destaca por: compromiso expreso do destinatario; impacto mediático; facilmente exportable a outros municipios; eficiencia e viabilidade; intervención en ámbito social prioritario.

Ligazóns relacionadas: edición 2012/2013,  edición 2014/2015 e Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.