Consello da Cultura Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Kit

Materiais de cursos e xornadas

Ofrecémosche material de carácter formativo para abordar as distintas tarefas que se desempeñan nun servizo de normalización lingüística: nestes tres manuais atoparás información sobre a finalidade do asesoramento e a corrección lingüística, os obxectivos da dinamización ou a xestión e os diferentes trámites administrativos que se levan a cabo desde un SNL.

Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos SNL

Guía que procura reformular os labores de corrección e darlles sentido no proceso social de normalización da lingua galega.

Bermúdez Blanco, M.. Documentos CTNL, 1 (2009).

Curso de xestión administrativa para servizos de normalización lingüística de administracións públicas locais

Manual que dá a coñecer o procedemento administrativo xeral que lles afecta aos SNL, achégase aos trámites administrativos básicos que require o traballo dende os servizos e fornece dos recursos básicos para desenvolver o traballo de xestión administrativa.

Otero González, A.P.. CTNL, 2010.

Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución

Guía que contextualiza a dinamización dentro da planificación lingüística, analiza actuacións dinamizadoras e ofrece unha metodoloxía de traballo.

Vaquero, I.. Documentos CTNL 2, (2012).

Materiais de cursos e xornadas

A maiores, proporcionámosche materiais formativos en catro ámbitos de traballo: a xestión administrativa, o asesoramento, a dinamización e a terminoloxía.

Trátase de documentos que proveñen de xornadas e cursos organizados por diferentes entidades e que che servirán para afondar un pouco máis en cuestións específicas relacionadas coas distintas áreas de actividade que conforman un servizo de normalización lingüística.

Asesoramento

Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos SNL

Guía que procura reformular os labores de corrección e darlles sentido no proceso social de normalización da lingua galega.

Bermúdez Blanco, M.. Documentos CTNL, 1 (2009).

Novas propostas de traballo. Axuda informática para o asesoramento lingüístico. Os labores de asesoramento nun SNL/SL

Presentación de ferramentas informáticas de apoio ao asesoramento lingüístico (memorias de tradución, correctores ortográficos, tradutores automáticos, opcións avanzadas do Word, recursos terminolóxicos, roldas de correo, etc).

Hermida Ruibal, A.. CTNL, 2003.

Curso medio de linguaxe adminstrativa galega en liña

Materiais autoformativos dirixidos á mellora da calidade dos textos orais e escritos da Administración e, en xeral, das persoas interesadas en ampliar os seus coñecementos neste eido.

Ramos Insúa, M. [coord.]. SXPL, 2012.

Curso superior de linguaxe administrativa galega en liña

Materiais autoformativos dirixidos á mellora da calidade dos textos orais e escritos da Administración e, en xeral, das persoas interesadas en ampliar os seus coñecementos neste eido.

Ramos Insúa, M. [coord.]. SXPL, 2013.

Novas propostas de traballo. Xestión do traballo e obxectivos. Os labores de asesoramento nun SNL/SL

Apuntamentos sobre como xestionar o traballo de asesoramento desde un servizo de normalización lingüística.

Reverso. Servizos lingüísticos; CTNL, 2003.

Planificación e Dinamización

Malas linguas

Guía práctica que che axudará a localizar información e recursos relacionados coas xornadas "Malas linguas", que estiveron dirixidas a profesionais do ámbito da normalización lingüística e das políticas públicas.

Deputación da Coruña, 2019.

Deseño e aplicación de ferramentas de análise sociolingüística

Material destinado a elaborar unha boa diagnose sociolingüística da sociedade ou poboación sobre a que se pretende implementar accións de normalización lingüística.

Fernández, A., Loredo, X. e I. Suárez. CTNL, 2005.

Os procesos de implantación lingüística

Unha mostra das reflexións e os estudos que distintos teóricos e técnicos fixeron sobre o desenvolvemento eficaz da planificación lingüística e como aplicalos ao traballo desde un SNL.

Galantes Santos, I.. CTNL, 1998.

Unha outra guía para a intervención lingüística

Recompilación de traballos que presentan reflexións e propostas para desenvolver unha planificación lingüística que coadxuva á recuperación de usos da lingua galega.

Martínez Lema, P. e G. Sanmartín Rei. Universidade da Coruña, 2011.

Avaliación de competencias lingüísticas

Materiais difundidos no “Curso de avaliación de competencias lingüísticas para técnicos/as de normalización lingüística”.

Núñez Singala, M. CTNL, 2019

Conclusións do V Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística “Traballando en lingua. Do compromiso individual aos argumentos”

Material do V Curso de dinamización lingüística que se centrou na busca de argumentos para o uso e defensa da lingua galega.

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña; CTNL; Concello de Carballo, 2009.

Conclusións do VII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística “Traballando en lingua. (Re)pensando o discurso”

Conclusións ás que se chegaron logo das intervencións das persoas que asistiron ao VII curso de verán que afondou na necesidade de reflexionarmos sobre os discursos e os marcos existentes na actualidade sobre a lingua galega.

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña; CTNL; Concello de Carballo, 2011.

Presentacións didácticas sobre normalización lingüística

Recompilación de diversas presentacións de interese para a normalización lingüística.

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña.

X Curso de verán de dinamización lingüística “Traballando en lingua. Para a transmisión interxeracional do galego"

Vídeos do X Curso de verán de dinamización lingüística, que tivo como eixo temático a socialización lingüística da infancia.

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña; CTNL; Concello de Carballo, 2014.

Conclusións do XII Curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en Lingua"

Documento de conclusións da duodécima edición deste curso, centrada no ámbito socioeconómico.

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, CTNL; Concello de Carballo, SXPL, 2016.

Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución

Guía que contextualiza a dinamización dentro da planificación lingüística, analiza actuacións dinamizadoras e ofrece unha metodoloxía de traballo.

Vaquero, I.. Documentos CTNL 2, (2012).

Terminoloxía

Manual de terminoloxía

Titorial que ofrece unha panorámica sobre os principios, métodos e ferramentas da  terminoloxía e sobre o proceso de normalización terminolóxica, de forma que o alumnado se sinta capacitado á hora de contribuír ao uso uniforme da terminoloxía no seu ámbito de traballo.

Pavel, S.. Oficina de Traducións, Goberno de Canadá, 2002.

O traballo terminográfico nun servizo lingüístico: unha aproximación práctica. Apuntamentos e presentación

Material que pretende ser unha guía práctica para elaborar repertorios terminográficos e para resolver dúbidas terminolóxicas desde un SNL e que deu pé á publicación do volume Metodoloxía do traballo terminográfico puntual en lingua galega.

Rodríguez Río, X.. CTNL, 2002.

Xestión administrativa

Manual de procesos selectivos para técnicos/as de normalización lingüística

Guía que permite coñecer, desde a perspectiva xurídica, o funcionamento dos procesos selectivos para técnicos/as de normalización lingüística. Documento útil tanto para as persoas aspirantes a estas prazas, como para as administracións convocantes.

Garrido Juncal, A. e C. Casanueva Muruais. CTNL, 2020.

Curso de xestión administrativa para servizos de normalización lingüística de administracións públicas locais

Manual que dá a coñecer o procedemento administrativo xeral que lles afecta aos SNL, achégase aos trámites administrativos básicos que require o traballo dende os servizos e fornece dos recursos básicos para desenvolver o traballo de xestión administrativa.

Otero González, A.P.. CTNL, 2010.