Consello da Cultura Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Kit

Recursos lingüísticos

Seleccionamos unha serie de materiais de apoio para o desenvolvemento do traballo nun SNL. Trátase de ligazóns a recursos que che permitirán elaborar textos de calidade e tamén difundir ferramentas útiles entre todas aquelas persoas que desexen mellorar os seus escritos: dicionarios, vocabularios, correctores, tradutores, modelos de documentos…

Recursos lingüísticos

Recollemos todos aqueles recursos lingüísticos que están dispoñibles na rede para confeccionar documentos e resolver dúbidas lingüísticas. Segundo as necesidades do/a usuario/a, facilitamos desde ferramentas básicas ata traballos terminográficos máis especializados, pensando en profesionais para os/as que a lingua é parte consubstancial do seu traballo.