No ámbito da normalización lingüística do galego existen iniciativas orientadas á coordinación de proxectos e recursos. Cada unha destas redes de traballo ten un funcionamento e uns obxectivos diferentes, aínda que todas elas perseguen fomentar a participación e a cooperación entre os axentes encargados de promover, de difundir e de defender a lingua galega.