Consello da Cultura Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Kit

Normativa legal

De entre as disposicións normativas que conteñen regulamentación lingüística, seleccionamos o articulado que máis directamente lle afecta á Administración local. Tamén se recollen algúns artigos provenientes da regulamentación internacional, que servirán para contextualizar a nosa propia lexislación.

Nalgúns casos, reproducimos fragmentos relevantes de normas moi extensas; noutros trátase de todo o contido lingüístico da norma. Á dereita pódese descargar o documento completo.

Ámbito autonómico

Estatuto de Autonomía de Galicia (1981)

Artigo 5

1 - A lingua propia de Galicia é o galego.

2 - Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3 - Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e dispoñerán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4 - Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Artigo 27

No marco do presente Estatuto correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva das seguintes materias: […]

20 - A promoción e o ensino da lingua galega.

Lei de Normalización Lingüística (1983)

“A lingua é a maior e máis orixinal creación colectiva dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle dá unidade interna á nosa comunidade. Únenos co pasado do noso pobo, porque del a recibimos como patrimonio vivo, e uniranos co seu futuro, porque a recibirá de nós como legado da identidade común. E na Galicia do presente serve de vínculo esencial entre os galegos afincados na terra nativa e os galegos emigrados polo mundo."

Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o 21 de setembro de 2004

“Somos galegos, en parte, porque temos unha lingua que nos diferencia dos falantes doutras comunidades lingüísticas e temos unha cultura que, ao expresarse en lingua galega, incorpora un xenuíno trazo de singularidade, sen perder por isto vocación universal. O galego é o máis claro marcador da nosa personalidade colectiva e o noso ben cultural máis prezado. Un tesouro que debemos preservar.”

Ámbito estatal

Constitución española (1978)

Artigo 3

1 O castelán é a lingua oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito a usala.

2 As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos.

3 A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

Título VIII: Da organización territorial do Estado, cap. III “ Das comunidades autónomas”

 

Artigo 148

1 As comunidades autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

[…] 17º O fomento da cultura, da investigación e, se é o caso, do ensino da lingua da comunidade autónoma.

Ámbito internacional

Carta das Nacións Unidas (1945)

Artigo 55

Co propósito de crear as condicións de estabilidade e benestar necesarias para as relacións pacíficas e amigables entre as nacións, baseadas no respecto ao principio da igualdade de dereitos e ao da libre determinación dos pobos, a Organización promoverá: [...] c. o respecto universal aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais de todos, sen facer distinción por motivos de raza, sexo, idioma ou relixión, e a efectividade de tales dereitos e liberdades.

Declaración universal dos dereitos humanos (1948)

Artigo 2.1

Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamadas nesta declaración, sen distinción ningunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.

Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (1992)

Artigo 7. Obxectivos e principios

1 - En materia de linguas rexionais ou minoritarias, nos territorios en que estas linguas son utilizadas e segundo a situación de cada lingua, as partes fundamentan a súa política, a súa lexislación e a súa práctica nos obxectivos e principios seguintes: a) o recoñecemento das linguas rexionais ou minoritarias en canto expresión da riqueza cultural.

Declaración universal dos dereitos lingüísticos (1996)

"A denominación «lingua propia dun territorio» fai referencia ao idioma da comunidade historicamente establecida neste espazo".

Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea (2000)

Artigo 22 Diversidade cultural, relixiosa e lingüística

A Unión respecta a diversidade cultural, relixiosa e lingüística.

Tratado de Lisboa (2007)

Artigo 2.3 [...]

A Unión [Europea] respectará a riqueza da súa diversidade cultural e lingüística e velará pola conservación e o desenvolvemento do patrimonio cultural europeo.

Sobre administración

Lei do uso do galego como lingua oficial polas entidades locais (1988)

"Polas razón expostas, e en coherencia cos mandatos estatutarios e legais, é preciso impulsar a normalización lingüística na Administración local, e para este efecto a Xunta de Galicia, no marco da súa política de promoción da normalización lingüística, debe colaborar na medida do necesario cos esforzos das entidades locais a prol do uso normalizado da lingua galega na súa documentación oficial, sen prexuízo de empregar ademais a outra lingua oficial, se así o decide, neste caso, a respectiva entidade".

Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (1992)

Título IV DA ACTIVIDADE DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Capítulo I. Normas xerais

Artigo 35. Dereitos dos cidadáns. Os cidadáns, nas súas relacións coas administracións públicas, teñen os seguintes dereitos: […] d) A empregaren as linguas oficiais no territorio da súa comunidade autónoma, de acordo co previsto nesta lei e no resto do ordenamento xurídico. […] i) A seren tratados con respecto e deferencia polas autoridades e funcionarios, que deberán facilitarlles o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.

Lei orgánica reguladora do Dereito de Petición (2001)

Artigo 5. Utilización de linguas cooficiais

1 No ámbito territorial das comunidades autónomas con estatutos que establezan a cooficialidade lingüística, os peticionarios terán dereito a lles formular as súas peticións á Administración xeral do Estado ou aos organismos públicos vinculados ou dependentes dela en calquera das linguas oficiais e a obter resposta na lingua da súa elección.

Lei de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (2006)

Artigo 12º. Concesións de servizos públicos

1 Os concesionarios de servizos públicos deberán rexerse na súa actuación polo principio de transparencia na xestión.

2 Os pregos de cláusulas administrativas conterán as previsións necesarias para garantir, como mínimo, os seguintes dereitos das persoas usuarias: […] 3º A utilizar, á súa elección, o galego ou o castelán nas súas relacións coa entidade concesionaria e cos seus representantes e traballadores. 

 

Artigo 15º. Principios de actuación

1 As persoas comprendidas no ámbito de aplicación establecido no artigo 14 desta lei observarán, no exercicio das súas funcións, o disposto na Constitución, no Estatuto de autonomía de Galicia e no resto do ordenamento xurídico, e promoverán o respecto aos dereitos fundamentais e ás liberdades públicas.

2 Así mesmo, adecuarán a súa actividade aos seguintes principios éticos e de actuación: […] 7º Usarán normalmente o galego, oralmente e por escrito, nas relacións coa cidadanía.

Lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración (2015)

Artigo 38. Estatuto xeral das persoas usuarias: Carta galega dos servizos públicos
1. Todas as persoas usuarias dos servizos públicos autonómicos, con independencia da modalidade en que se presten, terán os mesmos dereitos en relación coa prestación do servizo público.
2. En particular, terán dereito: […]
c) A utilizar e a ser atendidas, segundo a súa escolla, na lingua galega ou castelá nas súas relacións orais e escritas co prestador do servizo. Para estes efectos, tanto nos supostos de xestión directa coma indirecta, adoptaranse as medidas organizativas do servizo necesarias para a garantía deste dereito. O galego será a lingua de uso normal e preferente en todas as actividades relacionadas coa organización e prestación dos servizos públicos.

Lei do emprego público de Galicia (2015)

Artigo 51. Requisitos lingüísticos

1. As administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei garantirán os dereitos constitucionais e lingüísticos das persoas, tanto respecto do galego, como lingua propia e oficial de Galicia, coma do castelán, lingua oficial en Galicia.

2. Para os efectos do previsto neste artigo, para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego nas administracións públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas administracións públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, de ser o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.

3. Nos demais exercicios das devanditas probas selectivas, as persoas aspirantes teñen dereito a elixir libremente a lingua oficial da Comunidade Autónoma en que os desexan realizar, o que comporta así mesmo o dereito a recibir na mesma lingua os enunciados dos exercicios, agás no caso das probas que se teñan que realizar en galego para aqueles postos que requiran un especial coñecemento desa lingua.

Real Decreto Lexislativo polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (2015)

Artigo 54. Principios de conduta 

[…] 11 Garantirán a atención ao cidadán na lingua que o solicite sempre que sexa oficial no territorio.

 

Artigo 56. Requisitos xerais

2 As administracións públicas, no ámbito das súas competencias, deberán prever a selección de empregados públicos debidamente capacitados para cubrir os postos de traballo nas comunidades autónomas que gocen de dúas linguas oficiais.

 

Artigo 95. Faltas disciplinarias

1 As faltas disciplinarias poden ser moi graves, graves e leves.

2 Son faltas moi graves: b) Calquera actuación que supoña discriminación por razón de orixe racial ou étnica, relixión ou convicións, discapacidade, idade ou orientación sexual, lingua, opinión, lugar de nacemento ou veciñanza, sexo ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, así como o acoso por razón de orixe racial ou étnica, relixión ou convicións, discapacidade, idade ou orientación sexual e o acoso moral, sexual e por razón de sexo.

Normativa legal

Noutro nivel de especialización, presentamos todos aqueles textos legais que conteñen algún tipo de regulamentación lingüística. Aquí, ademais de mostrar as disposicións por ámbitos de aplicación, tamén se recollen co seu articulado completamente desenvolvido.

Ámbito autonómico

Estatuto de Autonomía de Galicia (1981)

Lei de Normalización Lingüística (1983)

Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o 21 de setembro de 2004

Lei do patrimonio cultural de Galicia (2016)

Ámbito educación

Regulamento do uso do galego na Universidade de Santiago de Compostela (1993)

Plan de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2001)

Decretos polos que se aproban e modifican os estatutos da Universidade da Coruña (2004/2007)

Plan de Política Lingüística da Universidade de Vigo (2004)

Plano de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (2006)

Orde pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (2007)

Corrección de erros.-Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga)

Regulamento de usos da lingua galega na Universidade da Coruña (2004)

Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia (2010)

Decreto polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (2014)

Orde pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (2014)

Orde pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega (2014)

Regulamento do uso da lingua galega na Universidade de Vigo (2015)

Decreto polo que se aproban os estatutos da Universidade de Vigo (2019)

Ámbito estatal

Constitución española (1978)

Ámbito internacional

Carta das Nacións Unidas (1945)

Declaración universal dos dereitos humanos (1948)

Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (1992)

Convención sobre os dereitos do neno (1989)

Declaración universal dos dereitos lingüísticos (1996)

Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea (2000)

Tratado de Lisboa (2007)

Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía (2014)

Decreto polo que se crea e se regula o Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade (2023)

Ámbito privado

Código Civil (eido testamentario)

Decreto polo que se aproba a nova redacción oficial da Lei hipotecaria (1946)

Decreto sobre a utilización do idioma galego nos produtos e información ao consumidor e usuario en Galicia (1994)

Real decreto lexislativo polo que se aproba o texto refundido da lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais e vixentes sobre a materia (1996)

Real decreto polo que se aproba o regulamento do rexistro mercantil (1996)

Decreto autonómico polo que se regulan as follas de reclamacións dos consumidores e usuarios (1998)

Lei de Marcas (2001)

Decreto polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia (2001)

Lei de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (2002)

Lei de arbitraxe (2003)

Lei pola que se modifica o artigo 23 da Lei do 8 de xuño de 1957, do Rexistro Civil (2005)

Decreto polo que se establece a ordenación turística dos restaurantes e das cafetarías da Comunidade Autónoma de Galicia (2006)

Decreto polo que se establece a ordenación turística dos restaurantes e das cafetarías da Comunidade Autónoma de Galicia. Modificación relativa á regulamentación lingüística (2006)

Lei do libro e da lectura de Galicia (2006)

Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto tefundido da Lei do estatuto dos traballadores. (actualización 2007)

Real decreto lexislativo pola que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias (2007)

Decreto polo que se modifica o Decreto 267/2002, do 13 de xuño, polo que se regula a habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada doutras linguas para o galego e viceversa (2009)

Lei modificación de diversas leis de Galicia para a adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (Disposición adicional 6ª) (2010)

Lei do comercio interior de Galicia (2010)

Lei do turismo de Galicia (2011)

Lei galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias (2012)

Lei de contratos de aproveitamento por quenda de bens de uso turístico, de adquisición de produtos vacacionais de longa duración, de reventa e de intercambio e normas tributarias (2012)

Ámbito xustiza

Lei de axuizamento criminal (1882)

Lei do poder xudicial (1985)

Lei de axuizamento civil (2000)

Lei orgánica pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, art. 314 (2003)

Lei pola que se modifica o artigo 23 da Lei do 8 de xuño de 1957, do Rexistro Civil (2005)

Lei pola que se modifica a Lei 50/1981, do 30 de decembro, reguladora do Estatuto orgánico do Ministerio Fiscal (2007)

Lei orgánica 5/2024, do 11 de novembro, do dereito de defensa (2024)

Onomástica e toponimia

Decreto polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Ourense (1996)

Lei sobre o cambio de denominación das provincias de La Coruña e Orense (1998)

Decreto polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra (1998)

Decreto polo que se modifica o Decreto 43/1984, do 23 de marzo, polo que se regulan as funcións e a composición da Comisión de Toponimia (1998)

Lei sobre nome e apelidos e orde destes (1999)

Decreto polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo (2000)

Decreto polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña (2003)

Decreto polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña. Corrección de erros (2003)

Lei para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (2015)

Lei do patrimonio cultural de Galicia (2016)

Plans e ordenanzas

Plans e ordenanzas da provincia da Coruña

Descargas

Plans e ordenanzas da provincia de Lugo

Plans e ordenanzas da provincia de Ourense

Plans e ordenanzas da provincia de Pontevedra

Descargas

Plans e ordenanzas xerais

Sobre administración

Real decreto sobre sinalización de estradas, aeroportos, estacións ferroviarias, de autobuses, marítimas e servizos públicos de interese xeral no ámbito das Comunidades Autónomas con lingua oficial distinta do castelán (1982)

Lei reguladora das bases de réxime local (1985)

Orde sobre renovación do DNI, para a substitución do nome propio do seu titular polo seu equivalente en calquera das linguas españolas (1985)

Orde pola que se regulamenta o uso das linguas das Comunidades Autónomas na Administración Militar (1987)

Lei do uso do galego como lingua oficial polas entidades locais (1988)

Lei procesual militar (1989)

Orde pola que se ditan normas para a provisión de determinados postos de traballo de funcionarios na Administración Pública do Estado, en relación co coñecemento das linguas oficiais propias das Comunidades Autónomas (1990)

Decreto polo que se aproba o regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (1991)

Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (1992)

Real decreto lexislativo polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (1995)

Lei de Administración local de Galicia (1997)

Real decreto polo que se establecen criterios de imaxe institucional e se regula a produción documental e o material impreso da Administración xeral do Estado (1999)

Lei orgánica reguladora do Dereito de Petición (2001)

Lei de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (2006)

Decreto polo que se crea a Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia para a normalización lingüística (2006)

Lei de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos (2007)

Decreto polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación estatal no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia (2008)

Lei de servizos sociais de Galicia (2008)

Reforma do Regulamento do Senado sobre o uso das linguas oficiais nas Comunidades Autónomas na actividade da cámara (2011)

Lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración (2015)

Lei do emprego público de Galicia (2015)

Real Decreto Lexislativo polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (2015)

Máis regulamentación con contido lingüístico na Oficina das Linguas Oficiais

Sobre o galego noutras CC.AA.

Orde da Consellería de Cultura de Estremadura, pola que resolve incoar expediente para declaración de "A Fala" como ben de interese cultural e Decreto 45/12001, de 20 de marzo, polo que se declara Ben de Interese Cultural (2000)

Orde pola que se establece a materia optativa de bacharelato "lingua e cultura galega" e se aproba o currículo (2007)

Lei orgánica de reforma do Estatuto de autonomía de Castela e León (2007)

Lei de modificación da Lei 1/1991, de 14 de marzo, pola que se crea e regula a Comarca do Bierzo (2010)

Ordenanza municipal pral uso da lengua galego-asturiana nel conceyo da Veiga (2015)